Departamento T14

Doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións

Doc_TIC é o programa de doutoramento da Universidade de Vigo, promovido pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións e AtlantTIC.

A súa misión é capacitar aos mellores profesionais e investigadores no campo das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para xerar unha investigación de calidade con impacto internacional e dotar á industria de profesionais con coñecemento avanzado para mellorar a súa competitividade a nivel global.

Doc_TIC xorde a partir da proposta dos dez grupos de investigación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións que forman AtlantTIC. Doc_TIC implica a fusión e expansión dos programas previos de doutoramento en Teoría e Comunicacións de Sinal (TSC) e Enxeñaría Telemática, ambos con Mención de Excelencia outorgados polo Ministerio de Educación español.


Máis información na web de Doc_TIC