Departamento T14

Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación

Os egresados do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación son capaces de conseguir as atribucións profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación, unha profesión regulada en España.

O Mestrado estrutúrase en dous cursos académicos (120 ECTS), con 45 ECTS comúns, 30 ECTS de especialidade, 15 ECTS optativos e 30 ECTS de traballo de fin de mestrado. A especialización é obrigatoria, e pódese optar entre: Radiocomunicación, Telemática, Electrónica, ou Procesado de Sinal para Comunicacións.

O traballo de fin de mestrado será en inglés, como tamén a docencia das especialidades de Radiocomunicación e Procesado do Sinal para Comunicacións, e algunhas optativas. Deste xeito, cada alumno cursará como mínimo un 25 ou 50% da titulación en inglés, o que se considera de gran interese para o seu desenvolvemento futuro nunha sociedade globalizada.


Máis información na web da EET