Departamento T14

Grupo de Servizos para a Sociedade da Información (GSSI)

Nos últimos anos, o traballo de investigación do grupo foise orientando cara ao desenvolvemento de metodoloxías transversais para a personalización, recomendación e adaptación de contidos, baseada en tecnoloxías semánticas. Neste ámbito o grupo participou e dirixiu proxectos piloto para a construción de servizos personalizados en diferentes dominios de aplicación como o turismo, a publicidade, os contidos audiovisuais e os contidos educativos.

Máis recentemente, o interese do grupo diríxese tamén cara á combinación da potencia das metodoloxías de razoamento semántico e as de participación social derivadas das tecnoloxías da Web 2.0.


Liñas de investigación


  • Web semántica
  • Modelado de usuarios
  • Sensibilidade ao contexto
  • Sistemas recomendadores; personalización
  • Crowdsourcing e crowd computing
  • Redes sociais tradicionais e esporádicas
  • Computación en nubes distantes e de proximidade

Web do grupo