O Grupo de Tecnoloxías da Información, integrado en AtlantTTic, investiga en tecnoloxías intelixentes en rede, aplicacións avanzadas, análise de datos e intelixencia artificial. Ten unha forte orientación cara á transferencia tecnolóxica. Ao longo da súa traxectoria ten colaborado coas principais empresas TIC galegas (Televés, R, Optare, SAEC DATA, Quobis…) e españolas (Telefonica, Indra, Abengoa, Cellnex…).

A nivel internacional destacan as súas colaboracións con Nokia e Oulu Smart City. Ata o día de hoxe ten producido dúas spin-offs, unha das cales (Infinbox) permanece activa no mercado de aplicacións multimedia para contornas hospitalarias.

En 2017 foi un dos sete grupos galegos seleccionados para o programa Ignicia de valorización de resultados de I+D e é Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia desde desde a orixe do programa.

Da súa man, a Universidade de Vigo foi admitida no consorcio internacional Open Air Interface en Tecnoloxías de rede e forma parte do comité executivo da acción COST Chipset para computación de altas prestacións (HPC) e Big Data. As súas catorce apps do proxecto Accegal, entre as que destaca PictoDroid Lite, axudan á comunicación de persoas con diversidade e contan na actualidade con preto de 90.000 descargas.

Adicionalmente, ten colaborado coas forzas de seguridade españolas na persecución de delitos na rede. Neste contexto, a súa tecnoloxía de chatterbots foi a base para o desenvolvemento de NegoBot e actualmente empregase para o desenvolvemento de asistentes virtuais e titorización en plataformas de aprendizaxe electrónica.

 

Liñas de investigación

  • Redes e servizos multimedia.
  • Redes 5G.
  • Análise de datos e intelixencia artificial.
  • Sistemas Multi-Axente e Teoría de Xogos.
  • Redes sen fíos e comunicacións móbiles.
  • Optimización do rendemento das redes.
  • Comunicación home-máquina.

 

Información de contacto

Francisco Javier González Castaño

+34 986 813 788
javier@det.uvigo.es

 

Máis información