Departamento T14

Laboratorio de Redes (NetLab)

O Laboratorio de redes adícase á investigación teórica e á construción de solucións de enxeñaría en redes de computadores. Propoñemos conceptos, modelos, análises, algoritmos e produtos software para mellorar a transmisión de información na internet, para alcanzar a capacidade das redes sen fíos, para entender a dinámica das redes sociais e para controlar calquera destes grandes sistemas en rede.


Liñas de investigación


  • Modelos analíticos e de simulación para redes cableadas e sen fíos, e centros de datos
  • Green networking, eficiencia enerxética no deseño, a arquitectura e o funcionamento de dispositivos e equipos de comunicacións
  • Redes sociais en liña, en especial aplicadas á educación
  • Virtualización de funcións e servizos de rede

Grupo no BIDI
Web do grupo