Gil Castiñeira

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría Telemática

Información de contacto

+34 986 818 665
felipe@uvigo.es

Breve CV

Felipe Gil-Castiñeira obtivo os títulos de enxeñeiro de telecomunicación (especialidade en telemática), e de doutor en enxeñaría de telecomunicación pola Universidade de Vigo, nos anos 2002 e 2007 respectivamente. Na actualidade é profesor titular no Departamento de Enxeñaría Telemática da mesma universidade. Entre 2009 e 2010 realizou
unha estadía no Nokia Research Center de Palo Alto, e durante os anos 2014, 2015 e 2016 foi o o director técnico da área de “Intelligent Networked Systems” en Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. Os seus intereses investigadores inclúen os sistemas de comunicacións sen fíos (comunicacións 5G), as comunicacións multimedia, os sistemas integrados (embedded systems), a computación ubicua (ubiquitous computing), e a internet das cousas (Internet of Things). Publicou máis de 60 artigos nestes campos en revistas internacionais e en actas de congresos. Liderou numerosos proxectos nacionais e internacionais neses ámbitos.