López Nores

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Enxeñaría Telemática

Información de contacto

+34 986 813 967
mlnores@det.uvigo.es

Breve CV

Martín López Nores obtivo o título de Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo en 2003, sendo distinguido co Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia e o Primeiro Premio Nacional de Fin de Carrera do Ministerio de Educación e Ciencia. Posteriormente obtivo o título de Doutor pola Universidade de Vigo en 2006 e Máster en Enxeñería Telemática en 2008. Desde 2004, Ten impartido docencia en materias da área de Enxeñería Telemática, á vez que dirixíu máis de 50 proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao, supervisado prácticas en empresas e realizado estadías docentes en Polonia, República Checa, Eslovaquia, Ecuador e Grecia. É coautor de dous libros docentes. No apartado de investigación, foi coautor de máis de 150 publicacións en foros internacionais, incluíndo máis de 50 artigos en revistas científicas recollidas no índice Journal Citation Reports. Dirixiu 3 teses de doutoramento. Tamén foi avaliador de proxectos para distintas convocatorias nacionais e internacionais. Foi investigador principal en proxectos con empresas e consorcios a nivel europeo, incluíndo convocatorias ConectaPEME e INNTERCONECTA da Xunta de Galicia, o 7º Programa Marco da Unión Europea e o programa H2020. As súas liñas de investigación céntranse nos servizos de comunicacións en redes de dispositivos móbiles, a web semántica e as novas tecnoloxías aplicadas ao diagnóstico e tratamento de desordes cognitivas e da comunicación.