Information & Computing Lab busca a experimentación e o desenvolvemento na fronteira das técnicas de análise de datos e das TIC como motores da nova economía e da sociedade dixital. Ademais da simple utilización das TIC e a aplicación da análise de datos a problemas pechados, buscamos resolver problemas de crecente complexidade en contornas cambiantes, posibilitando o proceso de toma de decisións como garantía de sustentabilidade en diversas áreas.

 

Liñas de investigación

  • Crowd sensing: Monitoraxe de actividade en zonas urbanas e detección temperá de anomalías.
  • Difusión de información en redes distribuídas e sen infraestrutura.
  • Aplicación da (Learning Analytics) en contornas docentes mixtas (Blended-learning).

 

Información de contacto

Ana Fernández Vilas

+34 986 813 868
avilas@det.uvigo.es

Rebeca P. Díaz Redondo

+34 986 813 469
rebeca@det.uvigo.es

 

Máis información