Estudos de grao

A profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación ocúpase das tecnoloxías básicas que sustentan a Sociedade da Información (SI): sistemas de telecomunicación, sistemas electrónicos, telemática, e son e imaxe.

Os profesionais formados en calquera destas tecnoloxías representan un recurso humano capital nun desenvolvemento, o da SI, no que España se atopa entre os últimos postos da Unión Europea. Por iso, os titulados do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación deberán xogar un papel determinante no impulso que, dende as Administracións Públicas e dende o tecido empresarial, é necesario dar para recortar esta fenda que actualmente nos separa do mundo máis avanzado e que lastra o desenvolvemento económico da nosa contorna.

Máis información