Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación licenza no curso 2013/2014 a súa 25ª promoción de enxeñeiras e enxeñeiros de Telecomunicación, cun índice histórico de empregabilidade por encima do 95%. Nese curso impártese por última ocasión esta titulación.

Con todo, a experiencia formativa da Escola reflíctese nunha titulación adaptada ao EEES (plan Boloña): o Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. Os egresados deste Máster son capaces de conseguir as atribucións profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación, unha profesión regulada en España.

Os novos Enxeñeiros de Telecomunicación son os actores básicos da Sociedade da Información e Comunicacións en particular, pero tamén do vertixinoso cambio que estamos vivindo na Sociedade en xeral.

Máis información

 

Máster Universitario en Ciberseguridade

O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste campo, dende os fundamentos ás aplicacións, dende os mecanismos á lexislación, e dende os conceptos aos problemas reais das empresas.

O programa formativo consta de 90 ECTS, divididos en tres semestres; un primeiro ano de materias técnicas e un último semestre dedicado a aspectos legais e de xestión, ás prácticas en empresas e o traballo final de mestrado.

Máis información

 

Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica

O Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica (MQIST) é unha alianza estratéxica das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cara á oferta especializada de estudos de posgrao neste campo nas fronteiras da tecnoloxía, cun plantexamento científico rigoroso e extensivo que vai desde os principios científicos (física, matemáticas e computación) e culmina nos aspectos de aplicación en contornas e problemas industriais.

Máis información

 

Máster Universitario en Internet das Cousas- IoT

O Máster Universitario na internet das Cousas, proposto de forma conxunta polas 3 universidades públicas galegas, e considerado estratéxico pola Xunta de Galicia, ofrece un nivel de especialización no ámbito IoT que non existe actualmente no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Máis información