Catedrático/a de universidade
Área de Enxeñaría Telemática
Información de contacto
+34 986 813 869
jrial@uvigo.gal
Breve CV
Juan Carlos Burguillo Rial é Enxeñeiro Superior de Telecomunicación (1995) e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (2001) pola Universidade de Vigo. No ámbito docente ha impartido diversas materias de grao como servizos da internet e programación de sistemas intelixentes, ademais de dirixir máis de 100 traballos de fin de estudos, incluíndo proxectos fin de carreira, traballos de fin de grao e traballos de fin de máster. En materias de posgrao e doutoramento, a súa docencia estivo principalmente centrada na ciberseguridade e na intelixencia artificial aplicada a sistemas e servizos telemáticos. Desde xullo do 2004 a decembro de 2006 foi adxunto a Dirección da EET en temas de Calidade e desde novembro do 2005 a febreiro de 2009 subdirector de Relacións Internacionais da EET. Dirixiu e participado en múltiples proxectos de desenvolvemento e investigación a nivel autonómico, nacional e internacional, supervisando 9 tese doutoral, publicando un libro e máis de 200 traballos científicos, incluíndo artigos en revistas internacionais indexadas de primeiro nivel, capítulos de libros e actas de congresos con revisión por pares. As súas principais liñas de traballo céntranse no ámbito dos sistemas intelixentes, a aprendizaxe automática e a teoría de xogos evolutiva. No ámbito do desenvolvemento e a transferencia de tecnoloxía dirixiu e participado en diversos proxectos con empresas, institucións e actúa regularmente como avaliador de proxectos, a nivel autonómico, nacional e internacional, a través de diversos programas da Unión Europea e os seus países membros. En outubro de 2010, recibiu a Cruz da Orde ao Mérito do Ministerio de Interior polo apoio á Garda Civil no control de delitos contra menores na internet.