López Bravo

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría Telemática

Información de contacto

+34 986 813 475
clbravo@uvigo.gal

Breve CV

Cristina López Bravo é Enxeñeira de Telecomunicación (2000) e doutora pola Universidad Politécnica de Cartagena (2004). Actualmente, e dende 2009, é profesora titular, no departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo. Os seus intereses son a avaliación de redes de altas prestacións, a planificación de paquetes e as redes sen fíos (incluíndo aspectos relacionados coa súa seguridade). No ano 2006, realiza unha estadía no Instituto Politécnico de Brooklyn. No ano 2009, é nomeada Coordinadora de calidade da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e, en 2011, Subdirectora de Coordinación de Calidade, posto que ocupa ata marzo de 2015. En Setembro de 2016 é nomeada Directora do Área de Estudios de Posgrao da Universidade de Vigo, cargo que ocupa ata maio de 2018. Publicou 18 artigos en revistas internacionais de referencia no campo da telecomunicación (Computer Networks, IEEE Trans. on Com., IEEE Com. Magazine, IEEE/OSA Journal. of Optical Com. and Net. o IEEE Computer Magazine). Tamén presentou mais de 25 artigos en conferencias internacionais, na súa meirande parte avaladas polo IEEE. Participou en diversos proxectos de investigación: Europeos, do plan Nacional de I+D+I e proxectos autonómicos. Co-liderou dous proxectos financiados polo Ministerio de Industria, dous proxectos da convocatoria Retos, 1 proxecto da convocatoria PDC e varios contratos de investigación con distintos axentes do sector (Gradiant, Indra). Participa con regularidade como membro do TPC de conferencias, e na revisión de artigos en revistas internacionais. Dirixiu tres teses de doutoramento.