Costa Montenegro

Catedrático/a de universidade

Área de Enxeñaría Telemática

Información de contacto

+34 986 813 474
ecosta@uvigo.gal

Breve CV

Enrique Costa Montenegro é Enxeñeiro de Telecomunicación (esp. Telemática) (novembro de 2000) e doutor en Enxeñaría de Telecomunicación (marzo de 2007), ambos pola Universidade de Vigo. É Profesor Titular (con acreditación de Catedrático) na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. As súas principais liñas de investigación son a intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os servizos móbiles e a accesibilidade. Publicou máis de 35 artigos en revistas internacionais, máis de 40 artigos en congresos internacionais, e participou en 7 libros e 4 capítulos de libros. Participou en 70 proxectos competitivos, tanto europeos, nacionais e autonómicos, máis de 75 proxectos con empresas e 8 proxectos docentes, sendo o investigador principal en varios deles. É codirector do proxecto Accegal (https://www.accegal.org/), centrado na comunicación e accesibilidade en dispositivos móbiles, que publicou 15 apps con máis de 100.000 descargas conxuntas. Foi coordinador do Módulo de Telemática no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías das Telecomunicacións e durante seis anos subdirector de Internacional da E.E. Telecomunicación. Dirixiu 5 teses de doutoramento e actualmente dirixe outras 4. Tamén dirixiu máis de 60 traballos académicos, entre PFCs, TFGs e TFMs.